sábado, 30 de octubre de 2010

Pluviómetro caseiro

Ola de novo a todos e todas.
Este ano comezamos a nosa andaina na rede cun traballo feito polos rapaces e rapazas do 2º ciclo.
Trátase da elaboración dun pluviómetro caseiro. O motivo para facelo é que os de 4º curso acabamos o tema do clima, e parécenos interesante saber canto chove nas aldeas do alumnado para poder comparar. Na clase de castelán e de galego, traballamos sobre unha escaleta para elaborar posteriormente o vídeo, na de matemáticas falamos da área de recollida do noso pluviómetro e das operacións matemáticas (adaptadas á idade do alumnado) necesarias para plasmar o resultado das nosas recollidas nos estándares que imos ver despois na información do tempo na Tv.
Traballamos un pouco as medidas de superficie e capacidade, xa que calibramos o noso pluviómetro.
Podedes ver o vídeo AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario