jueves, 28 de enero de 2010

Entrevista aos nosos avós: L. S. V., alumna de 6º de Primaria

Miña avoa empezou a traballar os 6 ou 7 anos cando era moi nova, na súa escola escribían cunhas pizarras, non coma agora que hai libros. Antes hasta había nenos que non ían a escola e quedaban na casa traballando. Traballaban levando as vacas a pacer e ás ovellas, dábanlle de comer aos animais: conexos, galiñas, porcos etc, e os ovos non se comían, se non que se vendían. Miña avoa tiña 6 irmáns, naquel tempo as familias tiñan moitos fillos.
Levantábase moi cedo para ir á herba, regar as plantas, coidar os animais... As mulleres facían traballo distinto ao dos homes, que traballaban fora. Ela xogaba polo corral, a andar coa corda, xogar á mariola, á queda, ás agachadas, facer co pelo das espigas unha boneca para xogar e cando había algunha romaría levábana ás veces. Cando era pequena ía coas súas amigas.
Para pasar o tempo, no inverno á veira do lume, a asar castañas e a contar historias de medo. Ás veces ían roubar patacas para asar e despois comelas.
Para ligar tiña que vir o mozo a buscar á moza á casa. A nai da moza estaba alí con ela e case sempre moceaban de noite.
Con respecto á vida de hoxe en día, miña avoa pensa que se vive mellor que antes  porque hai máis cartos, hai máis comida, hai máis cousas. Tamén pensa que agora os nenos teñen moito vicio porque o teñen todo feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario