jueves, 28 de enero de 2010

Entrevista aos nosos avós: X. B. R., alumna de 6º de Primaria

CUESTIONARIO A Mª DO CARMEN FRAGA CAMEÁN:
Miña avoa naceu en Cornes lugar cerca de Vilariño no concello de Val do Dubra. Miña avoa ten 5 irmáns contando con ela. A anécdota que máis lle acorda da súa infancia foi un dia de festa na casa duns familiares dos irmáns no que quedaron todos na casa e se foron seus país. Os irmáns máis trastes querían levar a un carneiro que tiñan diante dunha “luna*”. Cando o carneiro chegou ao “sobrado” e viu o seu reflexo na lúa, embisteu, rompeu o cristal e baixou a tombos polas escaleiras. Cando seus pais voltaron da festa, berráronlle moito a meus tíos avós.
A súa escola era bastante sinxela e pobre. O seu profesor era un home que sabía algo máis ca eles, os rapaces.
Miña avoa comezou a traballar con seis anos nas tarefas de “chamar ás vacas*” e o coidando dos animais. Desde pequena xa tiña un oficio: ser agricultora e gandeira.
Miña avoa tamén lle axudaba as seus irmáns maiores a traballar no monte collendo “panadas*” de toxo.
Tiña unha boa relación coas rapazas da súa idade. Para divertirse cando chovía, ían unhas ás casas das outras. O que mais lle gustaba era xogar a un xogo que consistía en agarrarse facendo unha roda e a que se equivocara tiña que andar á “brincadeira*” e cantar unha canción.
Segundo a súa opinión a forma de divertirse dos adolescentes non a acaba de comprender moi ben. Ela di que é moi antiga e anticuada, pero que antes se divertían e non agora con certas cousas como o alcohol.
“LUNA”: ESPELLO
“SOBRADO”:PLANTA DE ARRIBA DUNHA CASA
“CHAMAR NAS VACAS”: LEVAR AO GANDO A PACER
“PANADAS”: COLLER ALIMENTOS OU PRODUTOS EN ABUNDANCIA
“BRINCADEIRA”:ANDAR CUN PÉ SO, Á PATACOXA

No hay comentarios:

Publicar un comentario